Nesta sección imos contestar a preguntas frecuentes que teñen os pais e nais sobre o campamento.
O horario do campamento será de nove da mañá ás dúas da tarde. Podendo levar o neno dez minutos antes e recollelo dez minutos despois.
A organización para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, terá un servizo de madrugadores que será dende as oito da mañá ás nove, e o seu custo será de dous euros ao día.
Tamén terá un horario para os que queiran saír máis tarde que será de dous a tres e o seu custo será de dous euros ao día.
O prazo para inscribirse rematará cando as prazas queden cubertas. En caso que non quedarán cubertas pecharíase catro días antes de inicio do campamento para ter tempo para contratar o seguro.
O campamento dos máis pequenos o neno e a nena fai diferentes actividades lúdicas e educativas.
Durante o campamento os máis pequenos teñen unha hora e media de clases e de xogar ao xadrez, esta sesión está dividida en dúas sesións.
Outro tempo dedícase a actividades de tempo libre.
E o outro grupo de actividades que levan a cabo son talleres de manualidades con relación ao xadrez. Como poden ser talleres de figuras de xadrez con masa de fariña e sal, a creación de disfraces de pezas de xadrez, taller de chapas das mascotas de xadrez, pulseiras de xadrez…
Pensando sobre todo nos rapaces e rapazas que participan en varios campamentos, a organización levará a cabo actividades diferentes, tanto de tempo libre coma nos talleres que se levarán a cabo.
Para os alumnos da Escola Municipal o para participantes doutros campamentos un desconto do 10%.
Conversa
Aínda non hai comentarios.